• Galego
  • Español

Ruta da Fervenza de Vieiros

Esta pequena ruta nos levará dende o centro da aldea de A Seara ata a Fervenza de Vieiros.
A ruta realiza un pequeno percorrido circular ó redor da fervenza, que nos permitirá contemplar o salto de auga dende diversos puntos.


DISTANCIA / DURACIÓN

4,96 km (ida e volta) / 2 horas 20 minutos


ACCESOS

Inicio en A Seara:
Dende Quiroga tomar a estrada LU-623. Tras pasar Santa Cubicia atoparémonos un desvío á dereita cara a LU-P-5001 en dirección a A Seara, e continuamos durante 19 km.


PERCORRIDO

A Seara, Fervenza de Vieiros.


SINALIZACIÓN

Aínda que a ruta non está sinalizada non é difícil seguir ó trazado. Recoméndase o emprego de planos ou GPS


RECOMENDACIÓNS

Resulta imprescindible darse un paseo pola aldea de A Seara e descubrir a súa arquitectura tradicional.