• Galego
  • Español

Ruta de A Seara ó Pía Paxaro

Esta ruta de media montaña levaranos a un dos puntos máis altos da Serra do Courel, o pico de Pía Paxaro que se eleva ata os 1610 metros. Recoméndase subir polo camiño Sur par realizar o descenso polo ramal Norte. A ascensión transcorre por pistas de bo firme. No descenso camiñaremos por camiños entre monte baixo e pequenos bosquetes de vexetación autóctona.


DISTANCIA / DURACIÓN

13,36 km / 4 horas 15 minutos


ACCESOS

Inicio en estrada da Seara: Dende Quiroga tomala estrada LU-623 en dirección á Seara. Tras pasar Santa Cubicia atoparémonos un desvío á dereita en dirección á Seara, continuaremos a estrada ata chegar á Seara. Un quilómetro antes de A Seara, nun alto, atópase o inicio do sendeiro.


PERCORRIDO

A Seara, Vilarbacú, Pía Paxaro


SINALIZACIÓN

Ruta non sinalizada


PUNTOS DE INTERESE

  • A Seara
  • Pico de Pía Paxaro

RECOMENDACIÓNS

Ó tratarse dunha ruta que acada máis de 1600 metros de altura, durante varios meses do ano é habitual a presenza de neve. É por este motivo que se fai necesario levar o equipo adecuado, ademais de coñecer as previsións meteorolóxicas.