• Galego
  • Español

Ruta da Fonte do Cal a Cereixido

senderismo_logo_S

O sendeiro ten un percorrido circular, cunha distancia de 3,22 km. Comeza ó lado da estrada que une Rugando e Cereixido. Moi preto do inicio atopamos a “Casa da Santa de Cereixido”, unha pequena capela típica da zona, actualmente derruída case por completo.
Continuando o camiño chegamos ata Cereixido. Recoméndase visitar a aldea, aínda que está practicamente deshabitada, é un claro exemplo das típicas aldeas da montaña lucense. Despois de atravesar esta aldea, o sendeiro percorre un tramo de estrada asfaltada, despois descende por camiños de terra entre soutos de castiñeiros ata acadar o punto inicial.


DISTANCIA / DURACIÓN

3,22 km / 1 hora


ACCESOS

Inicio en estrada de Rugando a Cereixeiro:
Dende Quiroga tomar a N-120 dirección Ponferrada.Tras 5 km tomar a estrada dirección Paradaseca, continuar nela deixando atrás Paradesca e Rugando hata atopar o inicio da ruta.


PERCORRIDO

Inicio, Casa da santa de Cereixido, Cereixido.


SINALIZACIÓN

Ruta non sinalizada


PUNTOS DE INTERESE

  • Souto de Caleira
  • Casa da Santa
  • Forno de Cal
  • Muiño Fariñeiro
  • Contorno de Cereixido (igrexa, teixo centenario)

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase visitar a igrexa de Cereixido, atópase facilmente desviándonos uns 100 metros dende a aldea. Ó lado do santuario podemos ver un teixo típico dos camposantos galegos. Este exemplar pertence ó catálogo de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia.

fondo_15