• Galego
  • Español

Ruta da Devesa do Cervo

senderismo_logo_S

Esta ruta lineal parte da aldea do Mazo e percorre os bosques autóctonos da Devesa de Montouto, Devesa de Mazales e Devesa do Cervo. O camiño sae do bosque e ascende ata unha pista situada no límite entre as comunidades de Galicia e Castela e León.
Para finalizar a ruta continuaremos pola pista e ascenderemos ata o Montouto (1541 m), onde se sitúa o final da ruta.


DISTANCIA / DURACIÓN

15,4 km (ida e volta) / 5 horas 45 minutos (ida e volta)


ACCESOS

Inicio en O Mazo:
Dende Quiroga tomar a estrada LU-623, dende aí ir cara a provincial LU-P-5001 e continuar pola estrada LU-P-5004 dirección O Soldón, antes de chegar a O Soldón (aproximadamente 1 km antes) desviarse cara O Mazo (indicado cunha sinal).


PERCORRIDO

Aldea de O Mazo, cumio do Montouto


SINALIZACIÓN

Aínda que a ruta non está sinalizada, non é difícil seguir o trazado. Recoméndase o emprego de planos ou.GPS.


PUNTOS DE INTERESE

  • Aldea de O Mazo
  • Ferrería de O Mazo
  • Regato de Montouto
  • Fervenza do Cervo
  • Alto dos Tornos
  • Pico Montouto

RECOMENDACIÓNS

Unha opción moi interesante é saír dende A Seara polo PR-G A Seara-Rugando, e o desvío á Devesa do Cervo, o desvío á Devesa do Cervo atópase sinalizado. Dende A Seara ata o Mazo hai 4,5 km.
Recoméndase visitar as ruínas da Ferrería do Mazo.

fondo_15