Esta ruta de sendeirismo percorre unha pista de terra paralela ó río Quiroga, ata chegar á aldea de Casa do Vello. Dende aquí ascendemos por un sendeiro que nos leva á ermida de San Xoán, e descendemos polo val do río Pacios hata chegar á aldea de As Barxas.
Saín de As Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atoparémonos dous alvarizas ben conservadas. Só nos queda chegar á desembocadura do río Pacios no río Quiroga. Poderemos volver comodamente ó inicio da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.
DISTANCIA / DURACIÓN
9,51 km / 3 horas
ACCESOS
Inicio en estrada de A Seara (cerca de Campos de Vila):
Dende Quiroga tomar a estrada LU-623 en dirección á Seara. Tras pasar Santa Cubicia nos atoparemos un desvío á dereita en dirección á Seara, a poucos metros deste cruce atoparemos ó inicio del sendeiro.
PERCORRIDO
Estrada de A Seara, A Rodela, Casa do Vello, As Barxas, ponte sobre o río Quiroga
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015.
PUNTOS DE INTERESE
RECOMENDACIÓNS
A pista de terra que une o inicio, situado na estrada Quiroga-A Seara, e Casa do Vello é completamente ciclable e perfecta para realizar con nenos/as.