• Galego
  • Español

PR-G 192 Ruta do Pregamento Xeolóxico de Campodola

Esta ruta de sendeirismo consta de dous tramos ben diferenciados. O primeiro tramo, partindo de Leixazós, percorre o val do río Ferreiriño, ofrecendo espectaculares vistas tanto do val coma das formacións asociadas ó Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós. O sendeiro avanza entre castiñeiros, carballos e vexetación autóctona.
No segundo tramo da ruta cambiaremos de val para dirixirnos, por pistas entre piñeiros, cara Campos de Vila. Trátase de un descenso cómodo, cara o val do río Quiroga.


DISTANCIA / DURACIÓN

7,09 km / 2 horas 40 minutos


ACCESOS

Leixazós: Dende o centro de Quiroga tomar a estrada LU-651 en dirección a Folgoso e Seoane. Por esta estrada chégase ó miradoiro de Campodola. Pouco despois do miradoiro, no km 10, existe un desvío cara Leixazós, que nos levará directos ó inicio da ruta.

Campos de Vila: Dende Quiroga tomar a estrada LU-623. Tras pasar Santa Cubicia atoparémonos un desvío á dereita en dirección á Seara que non deberemos coller, se non que seguiremos recto pola LU-V-623 en dirección a Campos de Vila que se atopa a menos de un quilómetro.


PERCORRIDO

Leixazós, Campodola, Campos de Vila


SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015.


PUNTOS DE INTERESE

  • Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós
  • Campodola
  • Leixazós

RECOMENDACIÓNS

É recomendable realizar a ruta no sentido Leixazós-Campos de Vila, pois en este sentido as pendentes son favorables.
Resulta moi interesante deterse no miradoiro que existe na estrada que une Quiroga con Leixazós para ter unha ampla visión do pregamento e do terreo polo que discorre a ruta.