• Galego
  • Español

PR-G 187 Camiño do ferradal

Esta ruta percorre o val do río Soldón, no Concello de Quiroga.
Trátase dun antigo camiño polo que se baixaba o mineral das montañas. Ese mineral utilizábase nas ferrerías que se atopan na zona, como a Ferrería de Rugando, actualmente reconvertida en casa de turismo rural.
No percorrido atoparemos outros puntos de interese como a Cova de Ricopete, unha antiga mina romana, e Pena furada, un túnel escavado polos romanos para conducir a auga a varias explotacións auríferas. Tamén atoparemos soutos de castiñeiros, nos que aínda se recollen as castañas, sequeiros, fervenzas e pontes no río, como o coñecido Ponte do Frade.


DISTANCIA / DURACIÓN

11 km / 3 horas 50 minutos


ACCESOS

O Soldón:
Dende Ourense pola N-120. A 6 km de Quiroga, desviarse dirección Soldón.
Rugando:
Polo mesmo desvío que se toma para saír a Soldón, continuar pola estrada ata chegar a Rugando.


PERCORRIDO

O Soldón, Paradaseca, Paradapiñol, Rugando.


SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015.


PUNTOS DE INTERESE

  • Pena Furada
  • Cova de Ricopete
  • Ponte do Frade
  • Sequeiros de castañas
  • Ferrería de Rugando

RECOMENDACIÓNS

Se só queredes realizar a ruta nun sentido podedes reservar un taxi na parada de Quiroga ou no el teléfono 982 428 908.
Esta ruta é continuación do PR-G 191 A Seara – Rugando,e entre as dúas pódese percorrer completamente o val do río Soldón.