• Galego
  • Español

PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real

Esta ruta circular comeza na aldea de Margaride, o lado do antigo complexo mineiro romano coñecido como Covas do Medo.

Ascendemos por un sendeiro ata acadas a aldea das Covas. Dende aquí, unha pista forestal nos levará con unha dura subida ata a cima na que se atopan os restos do Castro Dares e un miradoiro cunha espectacular panorámica do río Sil, o val de Quiroga e os cumios que o rodean.

Tras repoñer forzas, a ruta acomete pequenas baixadas e suaves subidas ata enlazar co trazado do Camiño Real, sinalizado como Camiño de Inverno.

Dende aquí se continúa polo norte da aldea de Riomaior. Cruzaremos o Pontón do Rigueiro, unha antiga ponte restaurada recentemente, e regresaremos de volta a Margaride a través do antigo Camiño da Misa.


DISTANCIA / DURACIÓN

15,49 km (circular) / 5 horas 20 minutos


ACCESOS

Na N-120 que une Ourense con Ponferrada, tomar a LI-5003 que leva a Margaride.


PERCORRIDO

Covas do medo, Castro Dares, Camiño Real, Riomaior, Pontón do Rigueiro, Covas do Medo.


SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015.


PUNTOS DE INTERESE

  • Margaride
  • Miradoiro de Castro Dares

RECOMENDACIÓNS

Na aldea de Margaride resulta curioso observar como as construcións se asentan sobre a antiga explotación aurífera romana, ata se aproveitan galerías e desmontes como adegas e cortes.