• Galego
  • Español

Sendeirismo

O Concello de Quiroga emprázase ao sur da provincia de Lugo, formando parte da Serra do Courel ao norte e do Canón do Sil ao sur. A gran variedade de paisaxes e de espazos naturais, ademais da súa grande extensión, convertérono en destino tradicional de sendeiristas e montañeiros.

Entre os numerosos camiños que se poden percorrer en Quiroga, realizouse unha selección das rutas con maior interese histórico e paisaxístico.

Varios dos sendeiros están homologados pola Federación Galega de Montaña, e polo tanto sinalizados cumprindo coa normativa imposta por este organismo. Para percorrer as rutas non homologadas é aconsellable empregar unha cartografía adecuada ou un GPS. Nesta web do Concello de Quiroga ou no seu perfil en Wikiloc, atoparedes todos os datos para GPS, fotografías, e máis información de cada unha das rutas.

O sendeirismo é unha actividade deportiva que implica certos riscos, e para a que é necesaria preparación e materiais axeitados, especialmente nas rutas de montaña, que en Quiroga acadan os 1.600 m de altitude.

Si atopades calquera deficiencia nun sendeiro, queredes darnos a vosa opinión ou compartir fotografías dunha ruta, non dubidedes en facelo enviándonos un correo electrónico a senderosquiroga@gmail.com


Rutas  de sendeirismo


PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real

PR-G 184 Ruta da Lagoa da Lucenza

PR-G 187 Camiño do Ferradal 

PR-G 191 Ruta de A Seara-Rugando 

PR-G 192 Ruta do Pregamento Xeolóxico de Campodola

PR-G 193 Ruta do Val do río Quiroga

Ruta da Devesa do Cervo

Ruta da Encomenda

Ruta da Fervenza de Vieiros

Paseo Fluvial

Ruta de A Seara ó Pía Paxaro

Ruta da Fonte do Cal a Cereixido


descarga