• Galego
  • Español

Museo Etnográfico Municipal de Quiroga

USO 29
X: 642531
Y: 4703840

As instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga emprázanse na planta baixa do Auditorio Municipal. As súas salas ocupan uns 600 m2 e nelas teñen cabida todos os aspectos que foron e son importantes para a vida de Quiroga e o seu contorno. Quiroga, pasado e presente. O viño, o aceite, o mel, a castaña; o agro e a gandeiría; o ferro; a madeira; o sector téxtil; a vivenda tradicional… A Historia e a Arte, as tradicións e o medio natural…

Horarios:
Luns a venres de 13 a 14 horas.
Sábados, domingos e festivos, de 12-13 horas.
Visitas guiadas para grupos de máis de 10 persoas, calquera día e hora, previa cita no 982435125 (Casa de Cultura) ou nos enderezos electrónicos: culturaquiroga2@gmail.com e concello.quiroga@eidolocal.es

Toda a información en: http://museoetnograficodequiroga.blogspot.com.es/

MUSEO HDR002

Museo etnográfico