• Galego
  • Español

Igrexa Parroquial da Ermida – Santuario da Virxe dos Remedios

ERMIDA 1
A antigüidade da implantación do cristianismo na Comunidade Galega, ven marcada polo chamado “Crismón de Quiroga”, peza datada entre finais do século IV e primeiros do século V, procedente do santuario da Virxe dos Remedios da Ermida, onde, a xulgar por varias pezas como o capitel incrustado na sancristía e as bases de columna que hoxe actúan como pías de auga bendita, podería ter existido no mesmo lugar, ou nas inmediacións, unha basílica ou mausoleo romano.
A actual igrexa parroquial da Ermida é un edificio de dúas naves sometido ao longo da súa historia a numerosas reformas. A parte máis importante inclúe a nave principal e o presbiterio, que corresponde ao século XVII. A nave lateral, separada por un alicerce, é máis estreita que a principal e foi construída no ano 1.773.

ERMIDA 3Nesta igrexa celébrase os días 8 e 9 de setembro unha romaría de moita sona en toda a bisbarra. A imaxe da Virxe dos Remedios sae en procesión acompañada por dúas figuras de xigantes, chamas “pampórnigas”. Desfila tamén “O Meco”, figura lendaria que algúns creen que personifica o demo; leva traxe vermello, careta e mañuzo de toxos. Entretén aos fieis para que non entren na igrexa.

Igrexa Parroquial da Ermida - Santuario da Virxe dos Remedios