• Galego
  • Español

Conxunto Histórico-Artístico do Hospital

HOSPITAL 1Igual que o Castelo dos Novais, vinculado á Orde de San Xoán de Xerusalén, o núcleo do Hospital conxuga un importante número de elementos do legado cultural de varias épocas centrado pola Igrexa Parroquial de San Salvador, de cronoloxía imprecisa, pero á que cabe atribuírlle unha orixe prerrománica na Capela de San Xoán, onde podemos olla-las lápidas de ilustres Quirogas e Losadas e que constitúe a cabeceira do edificio actual notablemente ampliado en sucesivas etapas. Outras pezas de especial importancia dentro do mesmo edificio son o retablo maior barroco, o Cristo Crucificado, o San Bartolomé Vello e tamén o Novo, e a pía Bautismal.

IMG_0226Completan o importante núcleo do Hospital a arruinada Casa Torre ou de Tor, pazo cunha orixe máis que probable no século XVI e non moi lonxe desta a Casa de Carballedo, con escudo de armas do mesmo século. Nun radio de poucos quilómetros, as Casas de Outeiro, Veiguiña e Lamela ofrecen muda testemuña dun esplendoroso pasado ligado a orde de San Xoán.

HOSPITAL 5

Conxunto Histórico-Artístico do Hospital