• Galego
  • Español

Camiño de Santiago

Camiño de Inverno, ruta Sur Camiño de Santiago:

Información máis completa na web http://www.caminodeinvierno.com/ e tamén en http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11733668

Camiño de Inverno a Santiago, ruta sur
Camiño de Inverno ao seu paso pola vila de Montefurado

-DISTANCIA NO CONCELLO DE QUIROGA: 21,5 Km.

-DISTANCIA TOTAL PONFERRADA-SANTIAGO DE COMPOSTELA: 265 Km.

-CARTOGRAFÍA DO CAMIÑO AO SEU PASO POLA RIBEIRA SACRA:  I. G. N. 1:25.000 – Nº 190 III, nº 189 II, nº 156 III, nº 156 IV, nº 155 I, nº 155 II, nº 155 IV, nº 154 II.

-PERCORRIDO XERAL: Ponferrada, O Barco, A Rúa, Quiroga, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Chantada, Lalín, Silleda, Santiago de Compostela.

-PERCORRIDO NO CONCELLO DE QUIROGA: Albaredos (punto de entrada), Montefurado, Ermidón, Vilaster, Venda Vella, As Farrapas, Bendilló, O Soldón, Sequeiros, Noavaes, O Castelo, Caspedro, Pazo Vello, Quiroga, Espandariz, O Pontido, Nocedo, O Cereixal, Río Maior, Ermida dos Remedios, Carballo do Lor, Pozos e A Ponte (punto de saída).

-ANTECEDENTES E DESCRICIÓN: Cando chegaba o inverno e as nevadas cubrían os Ancares e o Cebreiro, os camiños quedaban cerrados pola neve e os viaxeiros que se dirixían a Santiago de Compostela debían buscar alternativas na súa peregrinación. Na actualidade, con albergues, GPS e roupa axeitada, isto semella alto sen importancia, pero na Idade Media unha nevada no medio do Camiño podía ter graves consecuencias. Moitos peregrinos dende toda Europa percorrían o Camiño Francés a Santiago, deténdose durante o inverno nalgunha poboación, pero outros desviábanse cara o sur e aproveitaban o Canón do Sil para entrar en Galicia e chegar a Compostela.
O Camiño de Inverno sepárase do Camiño Francés en Ponferrada e aproveita o leito do río Sil para entrar en Galicia cara a Quiroga. Dende aquí diríxese cara a Monforte de Lemos e atravesa o río Miño para chegar a Chantada. Finalmente, atravesando la Serra do Faro, chega ata Lalín e a Compostela.

As dúas etapas do Camiño de Inverno no Concello de Quiroga:
-Información detallada: Camiño de Inverno en Quiroga 1

Terceira etapa: A Rúa – Quiroga

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Información detallada: Camiño de Inverno en Quiroga 2

Cuarta etapa: Quiroga – Monforte de Lemos