• Galego
  • Español

Concello

Benvidos á web do Concello de Quiroga.

Espero que este espazo sirva para que o noso concello se dea a coñecer fóra do noso ámbito, poñendo a disposición de todos os visitantes aqueles aspectos que consideramos de maior interese: os servizos, a historia, as tradicións, o patrimonio cultural e sobre todo a natureza e a tranquilidade.
Sen embargo non queremos que a páxina do concello sexa unicamente unha ventá aberta ó exterior, senón tamén un instrumento para o diálogo coas xentes do municipio.
Un concello extenso como Quiroga e coa poboación dispersa dificulta, en ocasións, a comunicación entre os veciños e os seus representantes; queremos que coñezan a organización interna do concello, os servizos que presta, as obras que están en marcha e xestionándose.
O noso propósito é que esta sexa unha páxina con vida e por iso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer ou solicitar máis información, na pestana de contacto. Se a visitades con frecuencia comprobaredes que periodicamente actualizarase para que poidades obter información sobre as actividades programadas polos distintos departamentos, así como das axudas e subvencións das diferentes administracións públicas e, por suposto, das feiras e festas que se celebran por todo o concello.
Se por estas ou outras razóns nos vemos honrados coa vosa visita sabede que seredes sempre benvidos.