• Galego
  • Español

VI FESTA DO OURO DE MARGARIDE

Dentro do programa de actividades para as festas de verán de Quiroga 2016, terá lugar a XI FESTA DA COMUNIDADE. As entradas para a cea están a venda en: Casa de Cultura de Quiroga, Centro Social de Quiroga, Bar Palmeiras, Bar Portón, Librería Carmen, Bar Quiper, Bar Lago, Bar Félix, Bar Zorro, Bar Recuncho de Dino, Bar Dakar, Todo 100 e Loterías Ana, a un prezo de 6 €.

XI FESTA DA COMUNIDADE EN QUIROGA

Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga, organízase para os nenos e nenas de entre 3 (ou que cumpran os tres anos antes de decembro) e 12 anos os Campamentos de Verán 2016,  que terán lugar de luns a venres, agás festivos, durante os meses de xullo e agosto. Concretamente, do venres 1 de xullo ao mércores  31 de agosto, En horario de 11:00 a 14:00 horas para todos os participantes.

       A entrada será para todos/as nenos e nenas na Casa da Cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos. Pregamos puntualidade.

      Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá monitores  para cada grupo de idade e unha supervisora para os tres grupos. Na piscina contamos cun socorrista para as clases de natación.

      Para asistir aos campamentos, é necesario que os nenos e nenas de 3 anos teñan autonomía, ademais todos deben traer nunha mochila cómoda para eles, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, a muda e unha gorra.      

tabla sola

Os campamentos teñen un custo por neno de 25 €/mes para empadroados e de 35 €/mes  aos non empadroados. Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 €/mes por irmán. Os asistentes de menos de 15 días pagarán 13 € por semana.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben cubrir a folla de inscrición e presentala na Casa da Cultura antes do luns día 27 de xuño. O pago das cotas realizarase a primeiros de cada mes. As prazas non son limitadas. Aquelas persoas que veñan de vacacións a Quiroga e desexen utilizar este servizo poderán inscribirse en calquera momento.