• Galego
  • Español

A actriz Eva Isanta pregoeira da XXXV Feira do Viño de Quiroga

A actriz Eva Isanta foi a elexida pola organización da Feira do Viño de Quiroga para ser a pregoeira da edición número 35 do certame, que terá lugar entre os días 15 e 16 de abril.
Eva Isanta é particularmente coñecida polo seus papeis nas series de televisión, Aquí no hay quien viva, interpretando o personaxe de Bea, La que se avecina, como Maite Figueroa (La Cuqui) e Farmacia de Guardia, como Isabel.
O día 15 de abril ao solpor, na primeira xornada da Feira do Viño 2017, estará entre nosoutr@s.

Eva Isanta

 

Os días 15 e 16 de abril de 2017 celébrase a XXXV Feira do Viño de Quiroga.

Para participar neste certame están anotados un total de 10 colleiteiros que reunían as características esixidas pola convocatoria; agora os viños presentados pasarán os pertinentes análises  químico organolépticos e someteranse o exame de cata da Confraría do Viño de Quiroga o sábado 1 de abril de 2017.

Hoxe a Comisión Organizadora fixo o público o cartel para anunciar esta nova edición da feira e continúan a traballar para perfilar o programa de actos que terán lugar durante a fin de semana do 15 e 16 de abril e durante a semana previa (Semana Santa)

cartel 35 feira do viño.

Por terceiro ano consecutivo a Delegación de Deportes do Concello de Quiroga organiza a carreira-andaina, solidaria co banco de alimentos, San Silvestre Quiroga. Será o sábado 31 de decembro a partir das 17:00 h.

san silvestre 16