• Galego
  • Español

Bienvenue sur la page de profil de

quiroga

Propos de l'auteur

(quiroga)

  • Email: ramonvilaanca@gmail.com
  • Joli nom: quiroga
  • Site Web:
  • Enregistré le:2015-11-19 16:07:05
  • Connecté à: quiroga
  • Auteur ID: 2

Auteur Messages

Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga, organízase para os nenos e nenas de entre 3 (ou que cumpran os tres anos antes de decembro) e 12 anos os Campamentos de Verán 2016,  que terán lugar de luns a venres, agás festivos, durante os meses de xullo e agosto. Concretamente, do venres 1 de xullo ao mércores  31 de agosto, En horario de 11:00 a 14:00 horas para todos os participantes.

       A entrada será para todos/as nenos e nenas na Casa da Cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos. Pregamos puntualidade.

      Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá monitores  para cada grupo de idade e unha supervisora para os tres grupos. Na piscina contamos cun socorrista para as clases de natación.

      Para asistir aos campamentos, é necesario que os nenos e nenas de 3 anos teñan autonomía, ademais todos deben traer nunha mochila cómoda para eles, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, a muda e unha gorra.      

tabla sola

Os campamentos teñen un custo por neno de 25 €/mes para empadroados e de 35 €/mes  aos non empadroados. Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 €/mes por irmán. Os asistentes de menos de 15 días pagarán 13 € por semana.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben cubrir a folla de inscrición e presentala na Casa da Cultura antes do luns día 27 de xuño. O pago das cotas realizarase a primeiros de cada mes. As prazas non son limitadas. Aquelas persoas que veñan de vacacións a Quiroga e desexen utilizar este servizo poderán inscribirse en calquera momento.

O Concello de Quiroga porá en marcha entre o 17 e o 25 de marzo a 5ª edición do Concurso “Quiroga  de Tapas”.

Os vinte establecementos participantes presentaron xa a tapa coa que van participar.
Bar As Palmeras: tabulé.
Bar O Portón: callos con fabas de Lourenzá.
Bar Raposo: hamburguesa rústica de Quiroga.
Bar Quiper: strogonoff da Eva, todo junto e mesturado.
A Taberna: Tapa A Taberna.
Bar Restaurante Ruxe Ruxe: paneta.
Bar Lago: champiñóns recheos, soia e tomates cherry.
Bar Félix: mata fame arrollao.
Bar Restaurante O Roxo Vivo: ensalada de salmón marinado e aguacate con vinagreta de lima.
Parrillada Casa Torres: escalopíns de tenreira en salsa crema, champiñóns, tallaríns e verde.

Bar Restaurante ChapaKuña 3: croquetas de lagostino e xamón ibérico con ensalada de queixo, froitos secos e mel de Quiroga.
Bar O Recuncho de Dino: pasteliño de verduras con salsa de piquillos.
Bar Restaurante Dimar: roliño recheo de lagostinos e grelos con crocante de millo, crema de Arzúa e milfollas de pataca ó forno con aceite de do Val de Quiroga.
Mesón Ferreiriño: niño de cogomelos.
Mesón Escaleira: galician people.
Parrillada A Barca: montaña de pataca ao queixo.
Vinoteca Quiroga: tosta do mar.
Mesón da Clara: carne mechada ao whisky.
Bar Dakar: medallón de solombo ás dúas salsas.
Na presente edición hai numerosos premios para as persoas que completen o circuíto e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio de  300,00€ en metálico; un circuíto termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón) para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedaría Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro ddo Viño Ribeira Sacra; ou un lote de produtos  típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.
Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100 € e unha placa conmemorativa.

tpas_quiroga_de_tapas_2016

O Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, convoca o 5ª edición do Concurso “Quiroga  de Tapas” que este ano se desenvolverá entre os días 17 e 25 de marzo.

Nesta edición participan vinte establecementos da vila: Adega de María,  Vinoteca Quiroga, Bar as Palmeras, Bar o Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Pub Ruxe-Ruxe,  Bar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña 3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón Escaleira, Restaurante Dimar,  Parrillada a Barca, Bar Dakar e Mesón da Clara.

Na presente edición hai numerosos premios para as persoas que completen o circuíto e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio de  300,00€ en metálico; un circuíto termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón) para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedaría Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro do viño Ribeira Sacra; ou un lote de produtos  típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.

Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100 € e unha placa conmemorativa.

En breves días cada establecemento participante dará a coñecer a tapa coa que participa no concurso. O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademais, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.

A tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor, a un prezo de venda ó público de 1,50 €.

12729163_1174009492631487_546946350837963527_n